Homenaxe a Xosé Crecente Vega polo 125º aniversario do seu nacemento

Onte rendéuselle homenaxe ao poeta chairego Xosé Crecente Vega, ao mesmo asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o presidente da Real Academaia Galega, Victor F. Freixanes, tamén asistiron: Ricardo Polín, investigador e editor da obra do homenaxeado, o alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado. O acto estivo organizado pola Comisión Crecente Vega, representada no acto por Félix Villares e Felipe Arias e polo Concello de Castro de Rei, coa colaboración da Xunta con motivo do 125º aniversario do seu nacemento.

Ao pé do carballo de Luxís, Valentín García recordou a figura de Xosé Crecente Vega como a dun dos “egrexos das Letras Galegas, considerado unha das tres coroas clasicistas, canda Noriega Varela e Aquilino Iglesia Alvariño”. En palabras do secretario xeral, “autores que axudaron a configurar a plenitude da escola poética mindoniense, con fonda impronta humanista e grande apego pola linguaxe popular e pola paisaxe rural, e que ocupan desde sempre un lugar destacado na historia da literatura escrita na lingua propia de Galicia””.

O acto contou tamén coa intervención musical da banda Eladio y los seres queridos, encargados de musicar o coñecido Cantar do muíño, incluído no único poemario publicado en vida do vate homenaxeado, Codeseira (1933).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com