O Ateneo Galeguista de Lugo organiza para mañá, mércores 27 de Xuño, na librería Balmes, ás 20:15 horas, unha conferencia para homenaxear ao recentemente falecido cantor galego Benedicto.
Baixo o título, Nova canción galega: a década iniciática (1968-1976). Homenaxe a Benedicto., Xosé M. González ofrecerá unha charla sobre o artista que formou parte de varios grupos nos inicios da Canción Galega e foi membro do Movemento Popular da Canción Galega.
Benedicto é actualmente profesor de lingua e literatura e colabora con diversos medios de comunicación.