Homenaxe ao futbolista lucense Pedro Tapia

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto con outras autoridades, participaron esta tarde no Estadio Anxo Carro, na homenaxe ao futbolista lucense Pedro Tapia. Álvaro Santos remarcou o inmenso traballo e labor realizado polo lucense para que esta disciplina deportiva progresase.

 Por primeira vez nos 34 anos de historia da Copa Deputación de Fútbol, o Executivo Provincial e a Federación Galega de Fútbol, dedican a edición do torneo ao exfutbolista Pedro Tapia.

 Tapia, é unha lenda viva do fútbol galego, destacou como un dos mellores centrais do CD Lugo, onde xogou na década dos setenta e oitenta, e tamén militou nas filas do Pontevedra. Actualmente volveu ao club dos seus éxitos, xa que desenrola a súa labor profesional no Estadio Anxo Carro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com