Dadas as circunstancias que acontecen polo andazo do Covid-19 e o confinamento da poboación, hoxe non foi posible facer ningún acto público polo Dia da República en Lugo. Se a situación fora de normalidade, nesta xornada, teríanse celebrado actos en conmemoración da II República, que se declaraba tal día como hoxe, de 1931.
Con certo aire nostálxico, levamos a nosa cabeceira, a modo de lembranza, unha foto da proxección da bandeira republicana contra a muralla nun dos actos celebrados por este día no ano 2017.
D