Miguel Férnandez, Concelleiro de Deportes de Lugo, presentou esta mañá a XVI edición dos cursos de piragüismo de verán. Na presentación tamén estiveron o director técnico do Club Fluvial de Piragüismo de Lugo, José Antonio Fernández Marzán, coñecido como Mus, e o vicesecretario deste mesmo club Manuel Castiñeira.
Miguel Fernández destacou o importante que é esta actividade para o Concello de Lugo, definindoa como “a actividade estrela deportiva”. Ademáis, expliou detalladamente os obxectivos destes cursos, entre os que prima “o fomento do deporte e da actividade física para mellorar a calidade de vida e a saúde”.
Por outro lado, Mus, mostrou en que consistían estes cursos, quen podía participar e cales eran as datas e horarios. Como ben aclarou, estes cursos están dirixidos a todos os cidadáns de Lugo, incluso a aquelas persoas que veranean na cidade, a partir dos 8 anos. O motivo de que sexa a partir de esta idade é por seguridade, xa que entre as condicións para participar está ser capaz de remolcar a piragüa dende 50 metros da orilla.
Os cursos comezarán a parir de hoxe, 15 de xuño, ata o 15 de setembro, e estarán divididos por horarios de mañán e de tarde en grupos de 15 persoas, aínda que como ben di Mus “sempre acaban aumentando os grupos por exceso de participantes, xa que vamos de camiño de ter overbooking de matrículas”.
Para o director técnico é moi importante que se sigan realizando estes cursos xa que sempre sáen persoas realmente boas que consiguen traer premios ao club. Para finalizar, engadiu que tanto “o equipo masculino como o femenino do club están en división de honra nacional“.