Hoxe cúmprense 46 anos da “Revoluçáo dos Cravos”en Portugal

Eran as 00:25 horas do 25 de abril de 1974, cando na Radio comezou a soar “Grândola, Vila Morena”, unha canción do cantautor portugués José Afonso, coñecido como “O Zeca Afonso. A canción era o o sinal para o comezo da revolución.

No momento que os membros do exercito pertencentes ao “Movimento das Forças Armadas” escoitaron a canción, os oficiais revolucionarios deron orde de ocupar os puntos estratéxicos de todo Portugal. Poucas horas despois e, sen apenas utilización das armas, trunfaba a revolución dos caraveis. Esta denominación ven dada por que a cidadanía que se sumou axiña a derrubar a ditadura máis antiga de Europa, saíu ás rúas co caraveis  e colocounos nas bocachas das armas dos soldados sublevados.

Podes escoitar “Grandola Vila Morena” na voz da mítica fadista portuguesa Amália Rodrigues :

Novas relacionadas

Os comentarios están pechados


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com