Hyundai, como Patrocinador Oficial do Mundial de Fútbol 2018 en Rusia, realizará diferentes actividades nas sesenta cidades de España presentando a nova Serie Especial GO! de Hyundai para transmitir a paixón polo mundial promocionando o seu apoio ao maior evento deportivo a nivel mundial.
A serie Go! de Hyundai consiste nunha edición limitada e especial con todo o equipamento e acabados premium para os modelos Hyundai i20, Hyundai i30 e TUCSON. Durante este período, todos os que realicen un test drive, entrarán no sorteo para poder viaxar a Rusia, na cal se sorteará unha viaxe para dúas persoas para ver o partido de España contra Portugal.
Así mesmo só por realizar un test drive levarase a casa unha réplica do balón do Mundial. Ademais, ao acudir á nosa zona de lecer, situada na praza Horta do Seminario dende as 12.00 horas de mañá, entrarase no sorteo dunha televisión LED para ver o mundial e gozar das diferentes sorpresas.