IDAE concedelle a Sarria 2,9M€ para a trocar a led o 90% dos puntos de luz do municipio

O Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de confirmar a través do Idae o ingreso de 2,9m€ para a conversión a tecnoloxía led do 90% dos puntos de luz do municipio sarriao, declarou o delegado, permite a substitución de preto de 4.500  puntos de luz por outros novos de tecnoloxía led, cun aforro  enerxético do 75%, favorecendo deste xeito a contaminación lumínica e a emisión de  co2”.

O delegado do goberno en  Galicia, Pedro Blanco, destacou a aposta do goberno pola mellora dos  servizos públicos dos concellos do rural, que se traduce en 10 millóns  de euros de investimentos no concello da Sarria nos últimos anos para  avanzar na súa dixitalización e susten tabilidade.

Blanco, xunto co alcalde, Claudio Garrido, a subdelegada do goberno Isabel Rodríguez; e membros da corporación goberno local, mantiveron hoxe unha xuntanza en Sarria. Na mesma o representante do estado en Galicia, destacou a aposta do goberno “pola  transformación verde e dixital dos concellos, cos que camiñamos  progresivamente cara modelos sostibles que deixen un impacto positivo  tanto no respecto ao medio ambiente como no aforro ás arcas  municipais”. Lembrou neste punto que o miteco “resolveu hai unhas  semanas a primeira  convo catoria para proxectos singulares co fin de  renovar as instalacións de iluminación exterior municipal, que deixan  8,5 millóns de euros en Galicia para actuacións en 9 concellos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com