Identificado o cadáver atopado esta maña no encoro de Belesar

Esta maña foi localizado o corpo do mozo de 23 anos que desaparecera o pasado 20 de febreiro, data na que a súa familia denunciou a súa desaparición. O corpo apareceu a uns 750 metros do pobo de Belesar, na beira do río, en Chantada. Ao redor das 9 desta maña, un particular aseguraba ao CAE 112 Galicia que acababa de localizar o cadáver do mozo que desaparecese fai unhas tres semanas na Ponte de Belesar. De inmediato, o persoal do 112 Galicia puxo en marcha un dispositivo no que participaron os axentes da Garda Civil, da Policía Local, Bombeiros de Chantada e efectivos de Protección Civil. Unha vez no punto e coa axuda dunha embarcación privada, os axentes da Policía Local puideron achegarse ao corpo e así recuperalo.

Familiares do mozo, confirmaron a súa identidade, tanto pola documentación que levaba encima como por unhas marcas que tiña de nacemento, polo que non será necesario realizarlle probas de ADN.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com