Igor Martínez apunta a unha gran competencia como elemento motivador no CD Lugo

O xogador Igor Martínez afronta a súa primeira campaña coa camiseta do CD Lugo, e faino coa máxima ambición ao respecto da apaixonante tempada que se presenta en pouco menos dun mes. O interior asegura encontrarse cómodo cos seus novos compañeiros e coa dinámica de traballo que o adestrador Luis Milla está a aplicar nesta fase de preparación.

Preguntado pola súa demarcación predilecta, Martínez reforza o seu predisposición cara ao corpo técnico para axudar ao equipo no posto no que máis poida achegar, dentro do sistema de posesión e iniciativa que da que dispón en cada partido.

Apuntou asemade a gran competencia que existe dentro do grupo como elemento motivador para o traballo diario. “En pretempada hai moita carga de traballo, as pernas pesan. Pero creo que estamos a facer un bo traballo. Mañana tocará unha sesión máis lixeira. Todos temos moi boas sensacións, o resultado non é o máis importante, pero é certo que vai da man do xogo. Penso que estase a funcionar ben, asimilando os matices que quere o míster, correxindo varios aspectos. A pretempada serve para pulir e que empecemos ben a liga”, concluíu Martínez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com