A Deputación de Lugo organiza para este venres, 28 de marzo, as II Xornadas Feministas = Igualdade. O encontro, que arrincará ás 09:00 horas, terá lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e vai dirixido a alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato aínda que tamén está aberto ao público en xeral. A asistencia é gratuíta ata completar o aforo e deberá realizarse unha inscrición previa a través do correo electrónico protocolo@deputacionlugo.org.
O acto iniciarase ás 09:00h coa entrega de acreditacións ás persoas participantes e ás 09:30h. Seguidamente, ás 09:35h terá lugar o primeiro relatorio, A Igualdade fronte á desinformación e as loiadas, da man de Zua Méndez e Teresa Lozano de Towanda Rebels. Ás 11:30h realizarase un descanso e ás 12:00h retomarase a programación con Cristina Louzán e Priscila Retamozo, de PRISMA Expertas en Igualdade, coa charla Hackeando ao machismo. Xa ás 13:30h a actriz Jazmín Abuín presentará o monólogo Riquiña! E, por último, ás 14:00h pechará o evento a Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira.