Os vindeiros días 17, 18 e 19 de maio vaise celebrar no Concello de Becerreá, a III Edición da Batalla de Cruzul. Xa o venres 17 a partir das 17:00h producirase a montaxe do Campamento Napoleónico no polígono industrial.
Ás 20:00h terá lugar a proxección do filme “Waterloo” na Casa da Cultura de Becerreá.
O Sábado 18 abrirá ao público en xeral o Campamento Napoleónico e ás 12:00h comezará o desfile dende o Campamento ata a praza do Concello, onde ás 13:00h terá lugar o acto de presentación institucional.
Pola tarde, a partir das 18:00h comezará a batalla da Ponte de Cruzul coa retirada do exército británico ante o francés.
Á noite, ás 22:00h haberá unha cea/rancho composta por: empanada, ovos rotos con chourizo, degustación de cabrito galego ao espeto. Ao remate, ás 00:00h actuación do grupo La Disquetera.
O domingo 19 á 10:00h apertura ao público do Campamento Napoleónico e ás 12:30 terá lugar a emboscada na carballeira.
Nestes días haberá “mercadillo” de artesanía a carón do Campamento Napoleónico.