Maña dará comezo a Feira Nadal AELU de Mulleres Empresarias, realizada co obxecto da promoción e dinamización do comercio de Lugo e a súa provincia. A feira terá lugar o xoves e o venres, e estará situada na Praza Anxo Fernández Gómez (carpa instalada detrás do Concello) en horario ininterrompido dende as 11 da maña ata as 10 da noite.
A FEIRA DO NADAL é unha iniciativa organizada pola Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo (AELU) que fan coincidir co Nadal. Esta é a terceira feira que fai a asociación para apoiar á muller empresaria e emprendedora, un piar básico do crecemento da provincia. Como nas outras feiras, a Asociación, quere render unha homenaxe á muller emprendedora e empresaria, apostando por iniciativas que fomenten o Comercio Lucense e o emprendemento feminino. Na feira situaranse 22 stands de produtos: gastronomía, comercio, artesanía, moda e servizos. Asemade, contará cunha colaboración especial de dous obradoiros innovadores en Lugo, da man de KISS&USLUGO e EDADESLUGO, asociadas de AELU, do sector ocio educativo. Estes obradoiros serán gratuítos para nenos de ata 12 anos e comezarán a partires das 18 horas.