‘IMPERIVM’ imaxe do Arde Lucus para este MMXX

O Vicedirector da Escola Superior  de Arte e Deseño Ramón Falcón, Alejandro Carro Rodríguez, a deseñadora gráfica Paula Francos Anllo e o fotógrafo Julio Diego Leira Sanmartín, escollían esta mañá a obra da deseñadora lucense Alba Platas Vigo como o cartel gañador do concurso convocado, en xaneiro, pola concellería de Xuventude.

A edil responsable da área, Ana González Abelleira asistía esta mañá á deliberación, realizada na Casa da Xuventude, na que o xurado profesional se decantou polo traballo que tamén resultou vencedor na votación popular ao obter, a través das redes sociais oficiais dos festexos, 671 votos do público.

Segundo sinalou a concelleira, “o tribunal valorou especialmente que o traballo gañador se axustaba ás bases do certame nas que se pedía reflectir o espírito da celebración, facendo especial fincapé na reconstrución histórica e na volta da cidade á época da súa fundación”.

IMPERIVM, premiado con 1.300 euros, anunciará dende hoxe mesmo a XIX edición da festa convocada para o 25, 26, 27 e 28 de xuño. O resto de carteis terán difusión polas redes sociais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com