Importante aumento do ritmo de contaxios na véspera de Nadal

Continúa o importante avance da sexta vaga do virus en Galicia que hoxe afecta de forma significativa á provincia de Lugo. Logo dunha semana cun elevado ritmo de contaxio, na última xornada os datos dan un salto importante hacia o empeoramento. O paso dos días fai sospeitar que Lugo aínda está lonxe da estabilidade.

Así, no último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte, revélase un aumento de ata 186 persoas con infección activa e que hoxe chega ás 1.505, logo de que na pasada xornada se rexistrasen 1319 casos activos.

Sobe tamén o número de contaxios. Se ben este baremo viña aumentando lixeiramente día tras día nas últimas xornadas, o certo é que o informe de hoxe amosa un gran aumento. E é que nas últimas 24 horas Sanidade detectou na provincia 232 positivos novos, fronte aos 195 de onte ou os 127 de antonte.

En cambio, grazas á vacinación, os hospitais lucenses non rexistran, practicamente ningunha variación. Mentres na UCI suman un caso novo, con 4 pacientes covid no HULA; os ingresos en unidades convencionais descenden lixeiramente ao pasar dos 12 que se rexistraban onte aos 11 que amencían hoxe nos hospitais. Por centros, o HULA continúa con 4 pacientes covid en planta, o Hospital da Mariña suma 2 e o Hospital de Monforte hoxe amencía con 5 pacientes covid en planta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com