Lugo experimentou nas últimas horas un importante descenso no ritmo de contaxios nunha xornada na que se manteñen as cifras da presión asistencial. Algo pouco habitual hacia finais da semana e que podería confirmar a melloría desta sexta vaga da pandemia.
Así, en cifras, Lugo rexistrou nas últimas horas un total de 4820 casos activos, 288 infeccións menos que na xornada anterior; un baixón importante e que deixa á provincia por baixo dos 5000 casos por primeira vez dende o 3 de xaneiro cando se rexistraban 4677 casos.
O certo é que este descenso vén dado, en gran parte, polo freo no ritmo de contaxios, 300 nas últimas horas fronte aos 420 da xornada anterior; que se suma ás 587 altas médicas rexistradas nas últimas horas. Así, dende o inicio da pandemia fronte aos 48.539 contaxiados polo virus, 43.416 xa se recuperaron.
No tocante á presión asistencial, na última xornada mantívose sen grandes cambios. Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI do Hula, mentres que 46 recupéranse en unidades de hospitalización: 34 no HULA, 8 no hospital da Costa e 4 no da Mariña.
Da outra banda, se atopan os falecidos logo de seren diagnosticados con Covid19, son un total de 299 decesos dende que comezou a pandemia en marzo de 2020, mentres que nas últimas horas o SERGAS no rexistrou ningún novo falecemento.