A Garda Civil imputa en calidade de investigado na localidade de Cáceres ao suposto autor dun delito de roubo con forza nas cousas cometido nun estanco situado no termo municipal de Baamonde, impútaselle así mesmo como suposto autor de tres furtos de placas de matrícula a tres vehículos que se atopaban estacionados na mesma localidade e falsidade documental ao facer uso dunha das matrículas subtraídas nun vehículo implicado no roubo.
A persoa investigada veciño da localidade de Burquillo (Toledo) de 27 anos de idade cumpre na actualidade condena por delitos xulgados con anterioridade no centro penal de Caceres II. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.