Esta mañá tivo lugar a inaguración das Xornadas Penitenciarias Lucenses, e da entrega de medallas Concepción Arenal por parte da presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia.
Na súa intervención, Elena Candia dixo que “xa son 29 anos, pois, os que Lugo ten a honra de recibir aos máis destacados especialistas nas materias sometidas a análise, especialistas que nos ofrecen sempre interesantes reflexións sobre temas de plena actualidade, coma a reforma do Código Penal abordada nesta ocasión”.
Recibiron medalla a Obra Social ‘La Caixa’; Xestoría-Asesoría Rozas Campos; D. Manuel Iglesias Regueiro (Capitán da Garda Civil e responsable da protección dos Centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso durante oito ano, así como do servizo de condución de presos); Fisioterapia Lugo-JR Meilán, Grupo Salud; Dna. Laura Suárez González (subdirectora de tratamento do Centro Penitenciario de Bonxe dende 2013); Dna. Eva Paz Bermúdez (Traballadora Social do Concello de Vilalba); Asociación Luz Acesa; Ilma. Dona Pilar de Lara Cifuentes (Maxistrada Xuíz, titular do Xulgado de Instrucción nº1 de Lugo) e Excmo. D. José Luís Manzanares Samaniego (Ex maxistrado da Sala do Penal do Tribunal Supremo, ex vicepresidente do Consello Xeral do Poder Xudial, ex Maxistrado do Tribunal Constitucional e Conselleiro Permanente de Estado).
A presidenta agradeceu o compromiso da Asociación Concepción Arenal e lembrou que a Deputación colabora con estas xornadas a través dunha axuda de 5.000 euros. A conferencia celebrada hoxe, baixo o título de ‘A reforma do réxime de penas e a súa aplicación’, foi pronunciada por Don José Luís Manzanares Samaniego, exmaxistrado da Sala do Penal do Tribunal Supremo, exvicepresidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, exmaxistrado do Tribunal Constitucional e conselleiro Permanente do Estado. Na inauguración das xornadas tamén estivo presente o subdelegado do Goberno, Ramón Carballo.
As xornadas continuarán mañá tamén na Salón de Actos da Deputación. A maxistrada do Xulgado de Instrución Nº1 de Lugo, dona Pilar de Lara Cifuentes, ofrecerá a conferencia ‘Desaparición das faltas: novos delitos leves’.