O próximo mércores, 6 de xullo en Paradela, darán comezo ás celebracións do seu Bicentenario como Concello, que se prolongarán atamediados do próximo mes de decembro. Esta conmemoración tivo que ser adiada pola epidemia do Covid, e celébrase agora, neste Xacobeoprolongado.
Ás 12,00, será inaugurado o Monumento aos Cabaleiros de Santiago, protectores do Camiño e dos peregrinos, obra de Cándido Pazos. Intervirán o Conselleiro de Cultura Román Rodríguez o Alcalde Xosé M. Mato e o propio escultor. A continuación realizarase polo Edificio Multiusos un percorrido polas exposicións: “Do tempo das luces…” – Fotos antigas de xentes de Paradela. “Paradela, senda infinita” – “Viaxe” pola historia e realidade do Concello. “Manuel Rodríguez López, 2.0” – Exposición audiovisual, Homenaxe ao. escritor , Fillo predilecto de Paradela e a escultura do paradelense Álvaro de la Vega, coa que se suma á celebración. Ao remate, ofrecerase aos presentes viño da Ribeira Sacra e petiscos