Inaugurada a mostra “A Casa de Galicia. 50 anos da  casa de Rosalía” en Castro de Ribeiras de Lea

Este mediodía inaugurouse en Castro de Rei a exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da  casa de Rosalía”, sobre a restauración e musealización da Casa da Matanza de Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida.

A carballeira de Castro de Ribeiras de Lea o acollerá ata o vindeiro 25 de agosto a mostra, con reproducións de documentos, fotografías e textos  que repasan a historia da casa e do esforzo colectivo -de institucións culturais, intelectuais e persoas anónimas- que impulsou a súa apertura como museo en xullo de 1971, con achegas de miles de galegas e galegos, no país e no exilio.

Os organizadores animaron á veciñanza “a achegarse á exposición, que dá conta do poder de mobilización da figura de Rosalía e da súa obra, mesmo en pleno franquismo” e explicaron que esta mostra  itinerante procura  a presenza na rúa e nos espazos comúns dunha autora que é referente cultural, pero tamén feminista e de compromiso social, como facemos con outras iniciativas como a realización de murais homenaxe que se veñen realizando nos últimos catro anos en centros educativos”

A mostra poderá verse na carballeira de Castro de Ribeiras de Lea ata o vindeiro 25 de agosto.

A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Galicia

A mostra, producida pola Fundación Rosalía ten como comisario a Pepe Barro, autor da última renovación da musealización da Casa-Museo de Rosalía de Castro, está formada por paneis inseridos nunha estrutura que evoca distintas estancias dunha casa. O contido articúlase en seis capítulos diferenciados:

– A casa e o tren: o porqué da elección da morada

– Rosalía na Casa: a escritora vive alí entre 1882 e 1885

– Unha Casa santuario: as iniciativas da compra entre 1900 e 1940

– A causa da Casa: Xosé Mosquera e a compra en 1946.

– O Padroado da Casa: Galeguistas, progresistas e “ben vistos”

– A Casa de Galicia: Entre 1971 e 1972, ábrese a Casa coas achegas de miles de galegas e galegos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com