Inaugurada a primeira edición do Festival Cinema Mulleres, Filmu, en Codex

Hoxe celébrase o día Internacional da Eliminación da Volencia contra a Muller e son moitas as institucións e personalidades lucenses que se volcan en conmemorar esta xornada como parte da loita contra esta lacra que todavía continúa a existir ao noso arredor. Así a área de Xuventude do Concello de Lugo xunto á xestora cultural Nomenklaturas, inauguraron hoxe en Codex Cinema a primeira edición do FILMU, o Festival Cinema Mulleres, que pon o foco en produtoras e cineastas que, como case todas as mulleres no mundo da cultura, están invisibilizadas e polas que pouca xente aposta se non son elas mesmas.

A cultura e, especialmente, o cinema son ámbitos con moito peso na sociedade pero que en moi poucas ocasións se centra na muller como creadora de contidos. Precisamente, o FILMU, traerá a Lugo a cineastas, galegas ou non, para achegar ao público lucense as súas obras.

Ademáis das películas que se proxectarán estes días, Codex acollerá presentacións, charlas e debates con algunha destas cineastas así como unha breve exposición, nos corredores da sala, onde poder ver a todas estas mulleres que, dende hoxe e ata o domingo, serán en Codex as verdadeiras protagonistas do cinema.

María Valcárcel, xerente de Nomenklaturas, asegurou que esta iniciativa se presenta para “visibilizar o papel das mulleres” no mundo do audiovisual. Asemade, Valcárcel avanzou que, posiblemente, se presenten novas inciativas nesta liña sempre que o FILMU teña o éxito agardado na súa primeira edición. “Estamos a pensar nelo, non descartamos nada porque todos os frentes son onde temos que loitar; pero si é importante este primeiro festival porque a intención é seguir coa loita dende o audiovisual e Lugo se converta nun centro importante de loita”.

“Imos ver cinema de moitos lugares, moitas perspectivas diferentes, sempre dende a mirada da muller, que é moi interesante; temos un cinema galego, de mulleres galegas que están a ter unha importancia internacional e logo imos dar unha ollada a unha cineasta francesa que morreu o ano pasado que xa é unha icona como é Agnes Vardá e tamén ao cine arxentino”, explicou Valcárcel esta mañá, a poucas horas desta inauguración.

Durante estes días, pasarán polas salas de Codex cineastas como Ana Domínguez, Paula Cons, Mabel Lozano e Beatriz Carretero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com