A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurou este luns a mostra do arquitecto coruñés José Ángel Santos Núñez sobre o Mosteiro de Pallares e a ferrería que está exposta na Casa da Cultura do Concello de Guntín. No acto de inauguración, a deputada estivo acompañada do Alcalde do municipio, Jesús Carreira Ferreiro e o Presidente da Asociación de amigos o Mosteiro de Ferreiro de Pallares, Carlos Vázquez García.
A mostra, que consta dunha véntena de paneis que explican a historia e a evolución arquitectónica do mosteiro, así como a ferrería que se empregaba, foi gañadora da VIII edición do Certame de Investigación do Condado de Pallares.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.