A vila de Sarria convertese un ano máis na cita obrigada para o debate arredor da xurisprudencia. As xornadas que se desenvolverán terán como eixo común a intelixencia artificial baixo o título “O dereito e a intelixencia artificial” Á inauguración das xornadas xurídicas creadas polo maxistrado sarriao Román García-Varela asistiron o alcalde de Sarria, o Presidente do Parlamento Galego, O Vicepresidente da Xunta, así como personalidades do mundo xurídico, entre outras: o vicepresidente del Tribunal Constitucional, o director xeral de Transformación Dixital do Ministerio de Xustiza, e maxistrados do Tribunal Supremo e da Audiencia Provincial.
As Xornadas Xurídicas de Sarria, celébranse entre hoxe e mañá na Casa da Cultura da localidade,. Este ano as conferencias das dúas xornadas terán recoñecemento universitario, de maneira que o alumnado da UNED de Lugo conseguirá 0,5 créditos.