Inaugurado en Portomarín o novo hotel “Pazo de Berbetoros”

Días pasados inaugurouse en Portomarín o novo hotel “Pazo de Berbetoros”. Ao mesmo asistiron numerosos convidados do mundo da política, da cultura, así como amigos e veciños dos propietarios do establecemento hoteleiro. O novo hotel está situado no Pazo de Berbetoros, que en parte foi rescatada do vello Portomarín. Conta con oito habitacións dobres, todas con cuarto de baño completo, cafetería e espaciosas terrazas no xardín que o hotel ten na parte posterior.

Para celebrar a inauguración encontrábanse colgadas obras de dous artistas lucenses, Alicia Minguillón e Julio Gesto.

A intención da dirección é que o hotel sirva de espazo de exposicións e outros actos culturais para poñer en valor a obra dos artistas que expoñan en ditas instalacións.

Obra de Alicia Minguillón

Obra de Julio Gesto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com