A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto e representantes da UNED participaron este xoves na inauguración do novo curso académico da UNED de Lugo. No acto, a rexedora deu a benvida a todos os alumnos e demais membros da Comunidade universitaria da UNED, ao tempo que puxo en valor a importancia de que a cidade conta cun centro asociado da universidade a distancia, que é un referente en formación par aos lucenses que recorren a esta disciplina de educación para continuar a súa formación académica.
Do mesmo xeito, quixo subliñar a colaboración do Concello, que é membro do seu padroado, con esta institución, na súa aposta pola educación pública, que permite contribuír a unha sociedade máis igualitaria. Para rematar, a rexedora convidou ao alumnado a acollerse a todas as posibilidades de formación posibles.