Incautados carteis electorais en tono de sátira na xornada de reflexión

Xornada electoral onte no Estado e xornada na que non se rexistraron maiores incidencias. Así, entre outras, esta fin de semana, na madrugada do sábado ao domingo, tres persoas foron o obxectivo dunha redada policial en Lugo na que se incautaron carteis e material electoral en tono de sátira que reclamaba o voto para os extraterrestres da serie animada Los Simpson (Kang e Kodos). No acto de intervención de efectos, os axentes mencionaron un posible “ilícito penal no transcurso da xornada de reflexión”.

Dende o colectivo promotor desta sátira política aseguran, en ton de humor, que entenden esta falta do que chaman “caracter democrático terrícola”, como unha “declaración de guerra” que aboca á cidade a unha destrución masiva que, segundo explican, “ía chegar igualmente de forma democrática”. Un toque de humor lucense para pechar estes comicios xerais.

O colectivo deféndese, en parte, asegurando que a primeira hora da mañá de onte todavía se podían ver “carteis
doutras formacións políticas pagados con diñeiro dos súbditos da Coroa do que chamades España (Ciudadanos, BNG, En Común Podemos, PSOE, PP, En Marea e un estraño ser a cabalo)”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com