Un incendio calcina un alpendre en Pantón e provoca danos nunha vivenda

Un incendio calcinou por completo un alpendre ateigado de palla, en Pantón. O tellado da construción acabou víndose abaixo. As lapas mesmo danaron parte do tellado da vivenda anexa.

Os feitos tiveron lugar nunha propiedade de Casas Novas, na parroquia de Espasantes.

Foi unha persoa particular a que alertou ao 112 Galicia ás 22:25 horas desta noite. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou aos Bombeiros de Monforte e á Garda Civil. A situación tamén foi posta en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, aínda que os seus efectivos non tiveron que intervir.

Segundo se lle indicou ao 112, o incendio puido ser provocado por un curtocircuíto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com