A pasada madrugada un lume afectou a fachada do colexio de Portomarín, que comezou nuns cables da fachada entre o colexio e o albergue municipal. A situación xerou alarma entre os veciños, que rapidamente chamaron ao 112 Galicia pasada a unha desta madrugada.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediuse a intervención dos Bombeiros de Chantada e os membros do GES de Monterroso. Tamén o Concello de Portomarín dispuxo os medios municipais para poder atallar o lume, que, finalmente, chegou a afectar ao tellado.