Incendio nunha cafetería lindeira cunha gasolineira en Outeiro de Rei

Un incendio declarado esta tarde no interior dunha cafetería, situada na saída de Outeiro de Rei da A-6, deixou danos no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida nin afectada. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume orixinouse nunha grella e afectou á planta baixa do establecemento. Ademais, ardeu o sistema de aire acondicionado e o fume estendeuse por todo o local, que foi desaloxado.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do incendio ao fío das 15:45 horas. Indicaban no seu relato que ardía a máquina do aire acondicionado e saía moito fume. Engadían, ademais, que a cafetería estaba situada ao lado dunha gasolineira.

Decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vilalba e de Lugo, da Garda Civil, do 061-Urxencias Sanitarias, do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Guitiriz e do persoal do concello.

Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de emerxencias controlaron e sufocaron o lume, que deixou calcinados trinta metros cadrados do comedor e afectou ao sistema de cables do falso teito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com