Incendio nunha nave de gando en As Nogais

Os servizos de emerxencia traballan arreo na extinción dun lume que se propagou nunha nave agrícola,  no concello lucense das Nogais. Eran sobre as 11:00 horas cando varios particulares e persoal do Concello pedían axuda ao 112 Galicia. Indicaban que ardía unha nave no lugar de Doncos, situada no punto quilométrico 438 da A-6. Aseguraban, ademais, que se trataba dunha explotación con gando no seu interior e que saía moito fume negro.

De inmediato, os profesionais do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 puxeron en marcha un operativo no que participan, os Bombeiros de Sarria, efectivos do GES de Becerreá,  Protección Civil e a Garda Civil. Os servizos sanitarios de urxencia tamén foron alertados por si nalgún momento fose precisa a súa intervención, así como, o Servizo provincial de incendios forestais e o persoal do Servizo de Medio Ambiente e Medio Rural da Xunta de Galicia.

A esta hora, os axentes da Garda Civil alí desprazados, indicaron ao persoal do CIAE que o lume está controlado, aínda que non extinguido na súa totalidade. Iso si, ardeu o inmoble por completo, rolos de palla que había no seu interior, un turismo e un tractor.

Afortunadamente, non hai que lamentar danos persoais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com