Titulares:
-O alcalde de Lugo afirma que non obtivo resposta do presidente da Xunta de Galicia, ao respecto da entrevista que pide manter con el, para falar da Hemodinámica no HULA.
-O candidato popular á alcaldía de Lugo comprométese a axilizar o novo colexio, e a nova praza do Sagrado Corazón.
-Rubén Arroxo coñeceu de man do novo presidente do Centro Comercial Aberto Lugocentrum, os obxectivos e proxectos deste colectivo de empresarios lucenses.
-Xunta e FEGAMP invitan á Deputación de Lugo a participar nunhas xornadas como referente en transparencia.
-O Valedor do Pobo admite a trámite a queixa dos populares polo acceso á información na Deputación de Lugo.
-Colectivo Cultural Ollomao representa unha peza de teatro este venres no Auditorio Gustavo Freire.
-Victoria do Ribeira Sacra Breogán, empate do Club Deportivo Lugo e eliminación do Burela da Copa de España.