Infraestruturas mellora a pavimentación da rúa das Fontes con Mar Cantábrico

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo informou dos traballos de mantemento en varias rúas da zona norte da cidade, que comezaron nos últimos días. O titular da área explicou hoxe que “estamos a realizar unha importante actuación de mantemento na unión da rúa das Fontes con Mar Cantábrico”. 

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consiste na demolición do pavimento existente, excepto onde se atopa en bo estado. Habilitarase unha nova beirarrúa con saíntes nas zonas dos pasos de peóns. Na calzada, colocarase pavimento de formigón de 18 cm de espesor, que dará continuidade ao xa colocado en Mar Cantábrico e na zona de estacionamento. Ademais, en todo o treito renovarase a sinalización horizontal. 

A concellería de Infraestruturas realiza esta intervención, que foi licitada xunto con outras intervencións na zona norte da cidade por un total de 41.574,45€ na mellora de tres zonas da cidade que presentaban un avanzado estado de desgaste. O edil lembrou que “desde a concellería de Infraestruturas sempre tratamos de traballar con empresas galegas e de Lugo para ao mesmo tempo que melloramos a cidade, promovemos o emprego e o mantemento da vida económica”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com