A voceira popular Elena candia, escolleu o templete da Praza Maior para presentar a iniciativa que elevarán ao pleno para recuperar a Banda Municipal “para a cidadanía este espazo identifícase cos concertos que tradicionalmente facía a banda, unha agrupación musical que forma parte do patrimonio cultural de Lugo”
Os populares afirman que non se pode agardar máis para solucionar o futuro da agrupación xa que neste momento hai 17 músicos e senón se toman medidas en cinco anos a formación, coas xubilacións que se prevén, quedará en 12 compoñentes
Dende o Grupo Popular lamentan “o desprezo que demostran o PSOE e o BNG cos músicos da Banda Municipal” Hai que lembrar que a Banda de Música leva sen director dende o ano 2016, “polo que durante ás mañás os músicos que están obrigados a ir a ensaiar ao non ter director non poden practicar polo que se desperdicia un talento de forma absurda e se paga a un pesoal por non facer nada”
A voceira popular Elena Candia xunto cos concelleiros Javier Vázquez e Gustavo Díaz visitaban hai uns días o local onde ensaian os músicos da banda e “alí puideron comprobar, en primeira persoa, a desmotivación do persoal da banda que se viu obrigado a ir a xustiza para reclamar os seus dereitos”.
Proposta do PP
Que se de cumprimento ao acordo de pleno de decembro de 2022 de modificar a RPT en relación aos postos de traballo dos músicos con funcións docentes que teñen a titulación necesaria para encadrase na categoría C1.
Que mentres non se realice este cambio se lles pague, de forma transitoria, un complemento salarial pola docencia que realizan na Escola de Música municipal
Que se inicien os trámites e que se lle poña riba da mesa unha oferta atractiva ao director da Banda, que pediu unha excendencia para ir a Santiago como director da Banda e cuxo contrato en Santiago remata o vindeiro 13 de outubro. Tamén se propón aumentar de forma progresiva aos músicos do cadro de persoal ata chegar a un mínimo necesario de profesionais