A comunidade educativa do Colexio Franciscanos está a levar a cabo unha iniciativa solidaria coa finalidade de mercar un desfibrilador para o centro educativo. Para elo, están a vender pulseiras, a un prezo de 3 euros, para conseguir recadar o diñeiro necesario para adquirir dito desfibrilador, 2.400 euros, ou o que é o mesmo, 800 pulseiras. Entre o luns e martes xa venderon 400 pulseiras e hoxe puxéronse á venda as outras 400 pulseiras restantes.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tamén está a colaborar nesta iniciativa, así como todos os membros da comunidade escolar que están participando activamente, dende o alumnado, ata os mestres e mestras, así como os pais e nais.