A Concelleira de Desenvolvemento Local en funcións, Rosana Rielo, anunciou o inicio da segunda fase do proxecto Lugo Opina Orzamentos Participativos, na que se votarán as propostas realizadas polo veciños e veciñas.
O prazo de votación, a través da web do Concello, será entre o mércores 3 e o martes 9 de xuño e deses resultados sairán os proxectos que se realizarán nos próximos meses.
Tamén anunciou que hai duas áreas, benestar social e medio rural, que estudiarán a viabilidade dos proxectos de xeito que sexa posible realizar todas as propostas, aínda que quedan fora das votacións.