O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, anunciou a instalación de 10 puntos de luz no xardín Ibañez Méndez, no entorno da fonte dos ranchos. Segundo indicou Alexandre Penas, “trátase dunha actuación moi solicitada pola veciñanza da contorna, ao ser unha localización moi utilizada tanto para o paseo como para os xogos infantís”.
“Instaláronse farolas LED, que permiten aforrar enerxía respecto á iluminación tradicional”, afirmou Alexandre Penas, que engadiu “ademais, as columnas están cubertas cun polímero illante que aumenta a seguridade da instalación, pensando na seguridade das nenas e nenos que utilizan este parque”.
Segundo indicou o concelleiro, “durante as fases da desescalada nas que as zonas de xogo infantís teñan que estar pechadas, só se activará a iluminación da zona de paseo, e, unha vez se chegue á situación de normalidade, poñerase en marcha a totalidade da instalación”.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.