Na tarde do pasado día 11, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola sala do 092 para que se traslade á rúa do Carmen xa que ao parecer un home tentara levar unha nena do interior dun vehículo.
Presentados de inmediato son recibidos pola requirente, a cal manifesta que momentos antes observou como un home introduciuse na parte traseira dun vehículo que se achaba estacionado, tentando levar unha nena de 9 anos de idade que había no seu interior, aínda que dada a resposta do resto de persoas que había no vehículo, lograron que cesase na súa actitude, ausentándose do lugar, sendo increpado por outras persoas, entre as que se atopaba.
Asemade procédese á identificación das persoas que están na furgoneta, sendo a presunta vítima sobriña dunha delas, manifestando que se achegou un home, abriu a porta do vehículo á vez que facía ademán de coller á nena, saltando esta moi nerviosa e chorando aos asentos dianteiros, polo que o home cesou na súa actitude e ausentándose do lugar.
Os axentes procederon á localización da persoa, a cal localizan, procedendo á súa detención e traslado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.