Interceptado en Lugo un condutor que circulaba polo centro da cidade quintuplicando a taxa de alcol permitida. A Policía local deulle o alto á altura da Praza da Constitución. Tras practicarlle a proba de alcolemia, descubriron que quintuplicaba a taxa permitida. Os axentes abriron dilixencias contra el por un presunto delito contra a seguridade viaria.
A Policía local tamén interceptou a un condutor que circulaba pola rúa Millara cunha taxa de alcolemia superior á permitida, de 0,58 mg/l.