A Garda Civil interceptou na estrada que une Lugo e A Fonsagrada a un mozo de 21 anos de idade e veciño de Lugo que circulaba sen permiso de conducir, sen cinturón, sen seguro e cun coche que non pasara a Itv. Os axentes déronllelo alto tras observar como daba un xiro nun lugar sinalizado con liña continua. Ao pedirlle o carné de conducir, o mozo manifestou que carecía del.
Unha vez comprobada a documentación do vehículo, a Garda Civil constatou ademais que carecía de seguro obrigatorio e que a inspección técnica de vehículos resultara desfavorable.
O condutor xa pasou a ter a condición de investigado no Xulgado número 1 de Lugo como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. Tiña antecedentes por feitos similares, xa que en dúas ocasións fora imputado por conducir carecendo do permiso correspondente.