Investigado por un delito de estafa

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Barcelona como suposto autor dun delito de estafa. O pasado día 1 de marzo, presenta unha denuncia en dependencias da Garda Civil de Portomarín (Lugo) a presunta vítima de varios cargos fraudulentos nunha tarxeta bancaria por un importe de 1400 euros provintes de diferentes empresas.
Iníciase unha investigación policial solicitando ás empresas que supostamente efectuaron os cargos, datos de facturación e rexistro que obrasen no seu poder coa finalidade de identificar o autor ou autores do feito delituoso dando como resultado a identificación do presunto autor en Barcelona, solicitando a colaboración de unidades da Garda Civil para a súa localización e imputación como investigado. Nesta investigación colaboraron membros da Garda Civil do posto de Portomarin, E.D.I.T.E. da Comandancia de Lugo e UOPJ de Barcelona.
Estafa na Internet
Noutro eido, a Garda Civil no marco da operación Millafres identificou a J.A. F., de 21 anos de idade, natural de Ponferrada (León) e sen domicilio coñecido, como suposto autor dun delito continuado de estafa tras efectuar falsas vendas de produtos tecnolóxicos a través de internet.
A operación iníciase por mor da denuncia dunha veciña de Ribadeo, a cal efectúa a compra dun teléfono móbil a través de internet por un importe de 380 euros, non chegando a recibir o obxecto tras o seu pago. Utilizaba como modus operandi para consumar a súa estafa o pretexto de que non lle funcionaba o tpv de empresa e solicitaba aos potenciais compradores os datos impresos nas súas tarxetas, para, unha vez no seu poder, realizar compras en diversos comercios online ao seu nome.
Ao avanzar na investigación tense coñecemento dunha estafa múltiple con pluralidade de vítimas, non só na provincia de Lugo, senón que se ten coñecemento doutras cinco en Sevilla, Almería e Baleares, co mesmo modus operandi en todos eles. O presunto autor, coñecedor do procedemento xudicial ante estes delitos, realiza todas as estafas por un valor inferior aos 400 euros, ascendendo o montante a 1600 euros de todas as estafas investigadas ata a data.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com