Investigado un matrimonio por un delito contra a Seguridade Social

A Policía Nacional de Lugo detivo a unha persoa e investiga a outra, ambos dun matrimonio responsable dun grupo empresarial por un delito contra a Seguridade Social e un delito contra o dereito dos traballadores.

A investigación arrancou despois de que a UDEF recibise, a través do Servizo de Prevención de Delitos Económicos da Tesourería Xeral da Seguridade Social, un escrito-denuncia da Dirección Provincial da de Lugo en relación coas supostas irregularidades realizadas polo matrimonio.

Fontes da Policía Nacional sinalaron que as débedas deste grupo societario contraídas coa Seguridade Social desde 2010 alcanzaba os 280.000 euros, constando como administrador e/ou responsable a mesma persoa. Ademais, engade a Policía, presentaba “en todas as empresas o mesmo ánimo defraudatorio”.

Asemade,  a Policía Nacional tamén comprobou que parte da frota de vehículos das empresas estaban sen pasar a ITV e non tiñan o seguro obrigatorio en vigor. Na investigación e detención participou xunto co Grupo 1º da Sección de Investigación da Seguridade Social de UDEF-Central, a Brigada Provincial de Policía Xudicial de Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com