A Garda Civil vén de imputar como investigado a un veciño de Lugo, de 23 anos de idade, como presunto autor dun delito de furto. Os feitos tiveron lugar no termo municipal do Corgo, o pasado mes de xullo, cando o mozo, supostamente, apropiose dun bolso que contiña documentación persoal, cartos en efectivo e un terminal móbil.
Froito desta investigación os axentes lograron recuperar o teléfono e o investigado xa foi posto a disposición xudicial.
Lesións
Noutro senso, na madrugada do domingo día 27, a Garda Civil detivo en Burela a un mozo de 34 anos como presunto autor dun delito de lesións. O pasado 19 de outubro, o presunto culpable, supostamente agrediu a un terceiro, presentando lesións que requeriron puntos de sutura. O detido foi posto a disposición xudicial.