Investigado un menor pola morte da súa nai en Foz

A Garda Civil detivo  como investigado a un mozo de 17 anos como presunto autor a morte da súa nai en Foz. Segundo fontes da investigación, o corpo sen vida da vítima atopouse esta mañá na vivenda familiar en torno ás 10.00 horas. A muller, de 36 anos e orixe brasileño pero nacionalidade española, foi atopada por un veciño, que deu a voz de alarma.

Mentres se trata de esclarecer o móbil do crime, a garda civil asegura que a morte da vítima foi causada por feridas de arma branca. O levantamento de cadáver e as primeiras dilixencias xudiciais corresponderon ao Xulgado de Instrucción Núlmero 2 de Viveiro, pero o pase a disposición xudicial do mozo detido terá lugar no Xulgado de Menores de Lugo.

Descartada a prisión provisional por ser menor de idade, entre as medidas cautelares, o rapaz poderíase enfrontar ao internamento nun centro de menores.

Declaración institucional de repulsa

A raíz desta tráxica morte o Concello de Foz aprobará no pleno ordinario da corporación municipal que se celebrará mañá, martes, unha declaración institucional condenando todo tipo de violencia. Neste caso, trátase de violencia doméstica dado que nai e fillo convivían na mesma vivenda.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com