Investigado un veciño de Burela por conducir a 159 quilómetros por hora nun tramo limitado a 60. Segundo informou a Garda Civil nun comunicado ao home, de 36 anos, atribúeselle un delito contra a seguridade viaria por superar os límites establecidos.
Os feitos tiveron lugar o pasado día 3 de setembro na Nacional 642, no termo municipal de Cervo. O condutor foi detectado por un radar circulando co seu turismo a unha velocidade de 159 km/h nun tramo de vía cunha limitación específica de velocidade a 60 km/h.
No momento dos feitos non foi posible investigar ao condutor. Con todo, o subsector de tráfico, tras diferentes pesquisas, conseguiu localizar o condutor e poñelo a disposición xudicial.