A Garda Civil imputa en calidade de investigado no termo municipal da Pastoriza a un veciño de Riotorto de 46 anos de idade como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria. O investigado foi identificado mentres conducía un turismo pola estrada provincial LU-P-4401, co permiso de conducir retirado con anterioridade pola sentenza dun xulgado compostelán.
Noutro eido, a Garda Civil de Vilalba imputou tamén en calidade de investigado a un veciño de Cospeito de 24 anos de idade como presunto autor dun delito de lesións. Os feitos tiveron lugar en torno ás 6 e media da mañá do 15 de abril nos exteriores dun pub da localidade vilalbesa, cando agrede ao denunciante que termina sendo evacuado ao HULA e, posteriormente, derivado a un hospital da Coruña.