A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Triacastela, de 36 anos de idade como suposto autor dun incendio forestal ocorrido na tarde do pasado día 20 na zona de San Breixo (Triacastela) onde resulto queimado monte baixo. Tras ocorrer o incendio axentes da Garda Civil inician unha investigación co fin de esclarecer este feito delituoso que dá como resultado a imputación como investigado ao presunto autor, o cal se nega a declarar sobre o devandito delito.
Asemade, a Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Taboada, de 45 anos de idade como suposto autor dun delito de incendio forestal. A persoa investigada inicia o incendio tras unha queima de restrollos non autorizada, o cal escapa ao seu control cara a unha leira limítrofe ao lugar da queima, o incendio afecta a monte baixo e piñeiros duns 20 anos de idade.
En ambos casos, as persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.