Investigados por conducir sen puntos no carné

A Garda Civil imputou en calidade de investigados a dous condutores o pasado día 13, que circulaban por dúas estradas despois de ter retirados todos os puntos do carné de conducir. O primeiro caso ocorreu na estrada nacional N-640, ao seu paso por Lugo, en torno ás 10.00 horas; e, o segundo, ás 16.40 horas na LU-760 á altura de Mosteiro. Ambos condutores foron postos a disposición xudicial.

Noutro eido, ese mesmo día, 13 de marzo, a Garda Civil detivo en Lugo, sobre ás 13.30 horas, a un cidadán de orixe dominicano e 27 anos de idade sobre o que constaba unha orde directa de detención do Xulgado do Penal número 1 de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com