A Garda Civil imputa en calidade de investigados a tres veciños de Lugo de 33, 34 e 37 anos de idade como presuntos autores dun delito de furto dunha caravana e dunha tentativa de roubo con forza. Así, tras ter coñecemento do furto da caravana e do forzamento doutra no termo municipal de Rábade, os axentes inician unha investigación que da como resultado a recuperación no domicilio dos investigados da caravada furtada, sendo posta a disposición do seu lexítimo propietario.
Os tres investigados xa foron postos a disposición xudicial.