Investigan a un menor de Foz por un delito contra a saúde pública

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un menor veciño da localidade de Foz como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

Segundo informa a Garda Civil, o menor, supostamente, ofreceu, incitou ao consumo e subministrou a outros menores un fármaco, do grupo das benzodiacepinas. Todos os menores que aceptaron os ofrecementos do imputado tiveron que ser asistidos de urxencia no hospital.

O investigado foi posto a disposición da fiscalía de menores de Lugo.

Delito de estafa

Noutro senso, o Instituto Armado vén de informar da detención dunha veciña de Sarria, de 46 anos de idade, como suposta autora dun delito de estafa. A investigada solicitara o pasado mes de xuño un crédito por importe de 5.000 euros suplantando a identidade dunha familiar. Asemade, a vítima denunciou que ten varios cargos bancarios indebidos na súa conta cun importe total de 3.000 euros. A detida xa foi posta a disposición xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com