O encontro do Breogán e o Lleida xugado este sábado, onde o club lucense perdou contra os cataláns por 78 a 81, tivo un compoñente social que vai moito máis aló do meramente deportivo. Antes de comezar o partido, e coincidindo coa conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro, voluntarios da Asociación Española Contra o Cancro nas portas do Pazo dos Deportes repartiron entre todos os asistentes un pack composto por unha mazá en unha bolsa colectora con información relativa á prevención e hábitos de vida saudables e aos programas e servizos gratuítos que a AECC realiza na provincia de Lugo.
Así mesmo, durante todo o encontro, os alumnos invidentes do programa de actividades de fotografía do Goberno da Deputación no Museo Provincial, chamado Fotografía: A CEGAS, exerceron, xunto aos seus monitores, de reporteiros gráficos, situándose diante do banco do Breogán e nas zonas habilitadas pola FEB.
A xornada arrancou para os alumnos do Fotografía a Cegas ás 17:00 horas no Museo Provincial. Ás 20:00 horas, e remataron as prácticas, exercendo de reporteiros gráficos durante o partido do Breogán. O resultado do seu traballo será exposto no Museo Provincial, na exposición que se inaugurará con motivo da celebración do 50 aniversario do CB Breogán. Tamén se publicará nas diferentes canles do club celeste e do organismo provincial, e será motivo dun dos artigos da revista dixital do Breogán.
Finalmente, antes do inicio do terceiro cuarto do partido, levarase a cabo a gravación dun vídeo no que os membros da Asociación de Persoas Xordas de Lugo (ASORLU) ensinaron a toda a afección celeste que se achegou ao Pazo o novo “berro silencioso” do Breogán para poder interpretalo todos xuntos para a gravación dun vídeo elaborado pola TIC da Deputación.
Estas accións enmárcase dentro do contrato de patrocinio que o CB Breogán e a Deputación asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do baloncesto.